A Alcaldesa de Porriño sufriu onte un accidente de tráfico na Autovía cando se dirixía a Guillarei á reunión do comité do Consorcio de Augas do Louro que preside Eva García. O accidente foi unha colisión lateral con outros dous vehículos implicados nunha maniobra de adiantamento na Autovía A-55.

Como consecuencia do accidente, suspendeuse a reunión do comité directivo do Consorcio. Asimesmo o gabinete da Alcaldía cancelou toda a súa axenda oficial para onte e para hoxe.

Tras un chequeo no Hospital Vithas Fátima  diagnosticaraonlle unha lesión cervical de caracter menos grave que non impedirá que Eva García poida reincorporarse a súa actividade como Alcaldesa nos vindeiros días.