O conselleiro de Sanidade detallou que quedan en nivel alto de restricións os concellos de Ourense, Barbadás, O Barco de Valdeorras, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía e Vilanova.

E unha ducia de concellos quedan con restricións medias. Trátase de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Sarria, A Pobra, Marín, Pontevedra, Vigo, Redondela, Caldas, Salceda de Caselas, Boiro, Ribadavia, Sanxenxo e Poio. Estes tres últimos concellos están baixo vixilancia, segundo o conselleiro, pois están nun nivel «crítico».

Hai que lembrar que nivel alto segue a significar que os establecementos de hostalería poden abrir só as súas terrazas e a un 50% do aforamento.
E nivel medio, implica que a hostalería pode funcionar cun 30% de aforamento no interior e un 50% nas terrazas.

Por outra banda, vólvese limitar a 10 o máximo de non convivintes que poden estar xuntos nas terrazas e segue en 6 o límite no interior dos establecementos de hostalaría. A medida entrará en vigor na medianoite do venres ao sábado.

Por último, el conselleiro de Sanidade anunciou que a partir do vindeiro martes, ampliarase a todos os locais de ocio nocturno a obrigatoriedade de esixir PCR ou certificado de vacinación para acceder ao establecemento, tanto nos concellos en nivel medio de restricións como nos que se atopen en nivel medio baixo.