O grupo de folk galego Fuxan os Ventos deixou os escenarios oficialmente no ano 1992, tras dúas décadas sendo unha icona da música tradicional galega. Agora, este 2022, a banda trata de volver para facer unha serie de accións coas conmemorar a súa historia, entre as que podería estar un concerto en outubro, mes no que xurdiu o grupo.
A orixe deste grupo foi o festival de San Lucas en Mondoñedo. Acudiron a tocar na edición de 1972. O grupo de música gañou a cita, obtivo o galardón de 50.000 pesetas e mudou o nome, pois ao certame foron como Folk 72 pero saíron como Fuxan os Ventos, título da canción gañadora.
Os seus compoñentes estiveron dúas décadas levando o folk galego alá donde ían. Un obxectivo que compaxinaron cos seus traballos tiveron que compaxinar cos seus traballos como mestres.
Máis alá dos comezos, agora están a traballar na organización dunha serie de actividades coas que celebrar os 50 anos do seu nacemento. Así que lanzaron a través das redes socias unha campaña pedindo imaxes e lembranzas documentadas do grupo. A meta é tratar de facer unha exposición e un concerto.