As novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta para frear a expansión da pandemia en Galicia serán de aplicación a partir das cero horas do mércores 27 e terán unha duración de 3 semanas como mínimo. É dicir, ata o 17 de febreiro.
Son de aplicación en todos os concellos galegos as seguintes:
➡️ Peche total da hostalería. Só haberá servizo a domicilio, comida para levar e comedores de empresas.
?️ Comercio esencial mantense igual con horario ata as 21:30 h. (supermercados, farmacias, talleres do automóbil, estacións de servizo, entre outros). O resto do comercio pechará ás 18 horas. Os centros comerciais pecharán as fins de semana.
? A Universidade de Vigo (da que dependen os campus de Pontevedra, Ourense e Vigo) e as dúas restantes de Galicia estarán pechadas e sen clase ata o 8 de febreiro. A partir desa data as clases serán en liña exclusivamente e a partir do 17 de febreiro tentarase retomar a educación presencial. O resto da actividade educativa mantense nos colexios, institutos e garderías. Polo tanto continuarán as clases en primaria, infantil, secundaria e bacharelato.
Pechan bibliotecas, museos, centros culturais e suspéndense os espectáculos.
⛹️♀️ Tan só poderá realizarse practica deportiva individual e ao aire libre. Con máscara. Os ximnasios deberán pechar así como os centros deportivos. Suprímese o aforo de público aos espectáculos deportivos nos recintos ao aire libre e nos recintos pechados. E seguen en suspenso as competicións deportivas federadas de ámbito galego.
? Reunións limitadas a conviventes
? Cada concello estará pechado perimetralmente.
O toque de queda segue a ser ás 22 horas.