Pescada en salsa verde
Ingredientes:
– aceite oliva
– cebola
– viño branco
– caldo de peixe
– patacas
– allo
– pirixel
– pescada
Cortamos a cebola e anaquiños pequenos e dorámola no aceite. Cando estea case transparente, botamos un chorriño de viño e deixamos reducir (que se evapore o alcohol). A continuación, engadimos un caldo de peixe (se non temos, pois auga con sal, cuns 80 g de sal por litro de auga). Cando ferva, metemos as patacas en cachelos (peladas, eh). A partires de aquí, machacamos un par de dentes de allo cunha presadiña de pirixel, e in corporamos na pota, remexendo un pouco para que se extenda o sabor e a cor. E ós 10/12 minutos (cando falten 3/4 para que as patacas estean listas) sumamos a pescada e agardamos eses 3/4 minutos coa ola tapada. Fantástica!!!